Wednesday 15 de May de 2024

O Concello de Oleiros denuncia o derrubamento dun muro do enlace da Vía Ártabra


A poucos meses da finalización do nó da suposta conexión da Vía Ártabra coa Autopista do Atlántico, que non se chegou a materializar, na N-VI, entre os concellos de Oleiros e Sada; derrubouse unha parte do muro do vial que linda cunha empresa de xardinería.

A faraónica obra de enlace da Vía Ártabra coa Autopista do Atlántico, que non se da materializado, sufre derrubamentos na N-VI á altura da empresa de xardinería Jardiland.

Esta fin de semana derrubouse unha parte de muro do vial composto por pedras de granito de gran porte deixando á vista a estrada por debaixo. Non hai que lamentar danos persoais mais si se ve afectada polos desprendementos unha parte da parcela da empresa de xardinería. “É incrible que unha obra que se acaba de facer se desplome desta maneira. O de que na vía Ártabra todo é malo, xa non vale, é peor aínda. O señor Rueda vai ter que cambiar esta conselleira polo ben de Galicia”, manifestou o alcalde Ángel García Seoane.